As dúas Seleccións Viguesas proclamáronse campionas Sub-15

Federación Gallega de Fútbol – As dúas Seleccións Viguesas proclamáronse campionas Sub-15

As dúas finais acabaron decidíndose en tandas de penaltis e as dúas con triunfo olívico
A Delegación de Vigo da FGF fixo doblete en Santiago coa consecución do título autonómico da categoría Sub 15 das súas Seleccións masculina e feminina.

Nun día desapacible, aínda que foi mellorando segundo pasaban as horas, puidéronse ver bos equipos e bos e boas futbolistas sobre o céspede artificial dos campos Santa Isabel e As Cancelas.

SEMIFINAIS
A xornada arrincou coas semifinais masculinas. En Santa Isabel medíanse Ferrol e Pontevedra. Borja no minuto 10 e Cristopher no 25 déronlle vantaxe aos ferrolanos xa na primeira metade e con ese 2-0 rematou o encontro. Máis igualada foi a semifinal entre Santiago e Vigo no campo de As cancelas. O encontro rematou como empezou, sin goles, e todo se decidiu na tanda de penaltis. E cando Santiago o tiña todo para gañar, errou o quinto lanzamento e Vigo conseguiu darlle a volta á tanda e clasificarse para a final, donde se enfrontaría con Ferrol.

Despois chegou o turno das semifinais femininas. En Santa Isabel xogaban Lugo e Pontevedra. Irene adiantou ás lucenses na primeira metade e con 1-0 chegouse ao descanso. Pero Pontevedra foi capaz de remontar en só dous minutos. No 51 empatou Teresa Abelleira cun auténtico golazo e no 53 marcou Nayara para consumar a remontada. Y con ese 1-2 chegouse ao final. E o rival de Pontevedra ía ser Vigo. que cun gol da súa capitana Sara Debén no último minuto de partido foi capaz de eliminar á Selección Coruñesa. Foi unha semifinal moi equilibrada con dúas ocasións por bando pero cando parecía que se ía a decidir todo nos penaltis, Sara aproveitou un rexeite logo dun centro desde a dereita, para marcar o único tanto do encontro.

DESCANSO E COMIDA
Logo do esforzo matutino baixo a choiva chegou o momento de recuperar forzas. Os oito equipos comeron xuntos no Hotel Congreso e tiveron un tempo para a convivencia, aspecto este que a Federación Galega de Fútbol trata de fomentar en todo tipo de competicións.

FINAIS
E despois chegou o momento das finais. Arrincou a xornada de tarde coa final masculina entre FERROL E VIGO.

Ferrol: Marcos Amado, Martín Rico, Iván Guerrero, Pablo Couselo, Juan Caínzos, Mario Granada, Cristopher García, Borja Pita, Eduardo Blanco, Jesús Ameneiro e Julián Nieto. Tamén xogaron: Javier Muiño, Daniel Silva, Alejandro García, Eric Valcárcel e Iván Pérez. Causaron baixa: Sergio Fraga e Marcos Nieto.

Vigo: Pablo González, Óscar Sánchez, Pablo Lafuente, Alejandro Figueroa, Antonio Gómez, Mario García, Manuel Rancaño, Santiago Taboada, Alejandro Calviño, Alejandro Abalde e Alberto Estévez. Tamén xogaron: Adrián Cacheda, Samuel Tomé, David Rodríguez, Yeray Orge, Alexandre Lorenzo, Izan López e Alberto Villar.

Arbitro: Domínguez de Bernardi, auxiliado por Péerez Montouto e Vázquez Penas.

Goles: 1-0 Borja (min. 14); 1-1 Izan (min. 33); 2-1 Cristopher (min. 48); 2-2 Pablo Lafuente (min. 58).

Campo: Santa Isabel.

Final equilibrada con maior iniciativa coa pelota por parte de Vigo pero cunha Selección Ferrolana con dominio nas áreas, sendo forte no apartado defensivo e tendo pegada arriba. Avisaron os departamentais con dúas boas ocasións, por medio de Jesús e Borja. Este último foi o que inaugurou o marcador cun auténtico golazo. Recibiu no vértice do área e enganchou un fenomenal disparo ao pau longo. Co 1-0 Ferrol deixoulle máis a iniciativa a Vigo, que non foi capaz de traducir ese maior dominio en ocasións e co 1-0 se chegou ao descanso.

Nos primeiros minutos da segunda parte empataron os vigueses con un gran remate de cabeza de Izan. Vigo fixera o máis difícil pero aínda lle quedaba remar de novo a contra corrente. Mediado o segundo tempo Cristopher puxo de novo á Selección de Ferrol por diante un auténtico golazo. Falta directa desde 25 metros e trallazo inapelable. Vigo foi en busca do empate pero os ferrolanos controlaban a situación. Pero cando restaba só un minuto para o final un saque de esquina acabou en gol. Pablo aproveitou un balón solto para marcar e levar a final á tanda de penaltis. E aí de novo remontou Vigo. Julio tivo o penalti gañador pero parou o porteiro vigués e a selección olívico marcou despois dous penaltis por un só da ferrolana. VIGO CAMPIÓN.

E logo da final masculina chegou o turno da feminina entre Vigo e Pontevedra.
Vigo: Alba Rodríguez, Ainoa Galarza, Lara Martínez, Laura Vázquez, María Figueroa, Laura Martínez, Sara Porto, Nerea Cruz, Lidia Barros, Carla Lorenzo y Andrea Álvarez. Tamén xogaron: Ángela Novoas, Laura Rodríguez, Inés Faro, Sara Debén y Lucía Diéguez.

Pontevedra: Yasmina Ríos, Ana García, Laura Rodríguez, Cristina Feijoo, Teresa Abelleira, Tania Castiñeiras, Eva López, Yolanda Martínez, Nuria Torres, Antía González y Sara González. Tamén xogaron: Laura Gómez, Nayara Braga, Carla Rial, Verónica Campaña y Carlota Polo.

Arbitro: Kevín García, con Jesús Fuentes y Noel Villamor.

Campo: Santa Isabel.

Partido con escasísimas ocasións de gol. Moito centrocampismo e escasos acercamentos ás áreas. As mellores oportunidades de gol chegaron en disparos de lonxe, dous de Teresa Abelleira para a Selección de Pontevedra e un de Ainoa para Vigo. Aínda que a opción máis clara foi un remate de cabeza da viguesa Inés que atallou a porteira pontevedresa, Yasmina.

Con 0-0 chegouse ao final y o campión feminino decidíase tamén nunha tanda de penaltis. E aí resultou decisiva Lucía Diéguez, gardameta da Selección de Vigo, que atallou dúas penas máximas, acabando a tanda 4-3 para Vigo. VIGO CAMPIÓN E DOBLETE

ENTREGA DE TROFEOS
O Vicepresidente 1º da Federación Galega de Fútbol, Gustavo Falqué, presidiu a xornada, acompañado dos directivos Carlos Méndez, Javier García e José Manuel Fernández. Eles fixeron entrega das medallas e dos trofeos aos equipos campións e subcampións, pero os terceiros e cuartos tamén recibieron medallas.

E de novo a FGF amosa o seu agradecemento á Delegación de Santiago pola exitosa organización dun evento deportivo, neste caso a Fase Final do Campionato Autonómico de Seleccións Comarcais Sub-15.